Cargando...
Logotipo Lugo Cultural

XXIV Encontro de Danza

17 de abril

Unha nova edición, a vinte e catro, desta cita anual organizada desde o Espazo de Danza da USC, na que se presentan as producións de danza de diferentes compañías de danza universitarias convidadas

XXIV ENCONTRO
DE DANZA DA USC

17 de abril de 2026

20:30 h

Auditorio Fuxan os Ventos - Sala grande

 

A XXIV edición do Encontro de Danza da USC (EUD) acollerá o día 17 de abril no Auditorio Fuxan os Ventos, ás 20.30 horas, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e da propia da USC. Á Compañía de Danza da USC nacida ao abeiro do Espazo de Danza, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera, únense a Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de Danza da Universidade de Coruña.

O Encontro Universitario de Danza que organiza a USC dende hai mais de dúas décadas, é unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC. Estes foros artísticos, promovidos para favorecer o intercambio cultural a través da danza, ademais de para achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade. A entrada é libre e de balde para todas as representacións ata completar a capacidade do espazo. 

A Aula de Danza do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, coa obra titulada 'Xeometría dun silencio aprendido' baixo a dirección de Nuria Sotelo e coreografiada por Ainhoa Linaza e Creación Colectiva, abrirá o programa de representación do XXIX Encontro Universitario de Danza da USC o venres 17 de abril, a partir das 20.30 horas no Auditorio Fuxan os Ventos.

A Aula de Danza da Universidade de Coruña intervirá coa obra 'Deriva', coreografiada por Alicia López e Alba Fernández.

'Esquecid@s' é o titulo da obra da Compañía de Danza da USC, dirixida por Juan Carlos Zahera e coreografiada por Rosa Acuña que completa o programa do Encontro. Reúnense de novo as tres Compañías de Danza da USC (campus de Compostela, campus de Lugo e Sen Vergoña) nunha soa produción.

Entradas gratuítas en https://entradaslugo.es/

USC  Concello de LugoDeputación de Lugo Vicepresidencia Primeira