O curso de primavera deste ano analiza a realidade actual dos festivais de música en Galicia, explorando desde os macroeventos ata os proxectos locais de base. A través de diversas ponencias e foros, debateranse aspectos organizativos, económicos, lingüísticos e o impacto sociocultural que estes eventos teñen no territorio. Participarán expertos do ámbito académico, do xornalismo e da xestión cultural para debullar a "anatomía" do sector. O programa inclúe presentacións de casos reais, análise de políticas culturais e actuacións musicais en directo.
Todas as actividades son de balde. Poderás inscribirte, ata o 7 de abril, a través deste formulario (máis información en 982821513 / 982821511 / cultura.lugo@usc.es).
O sector da música galega vive nas últimas décadas unha explosión de creatividade e diversidade sen precedentes. O Curso de Primavera da Facultade de Humanidades esculcará este ano nas diversas dimensións dunha das expresións deste fenómeno cultural, que son os festivais musicais. Xornalistas, docentes, representantes de festivais e profesionais da música debullarán as distintas capas da anatomía dos festivais: os aspectos organizativo, económico, político, lingüístico e sociocultural.
9:30 – 10:15 Organización dos festivais
• Relatora: María Valcárcel Tabernero (profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xestora cultural)
• Presentación de caso: Foliada da Fonsagrada (A Fonsagrada, Lugo)
• Relator: Miguel A. Fernández Gil (programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica)
• Modera: Raúl Ríos.
• Presentación de casos: Rumboia Viva (Abadín, Lugo), Ou Yeah! (Ourense), Soa Suarna (Navia de Suarna, Lugo)
• Relatora e presentación de caso: Luzia Oca (investigadora da Universidade de Santiago de Compostela)
• Modera: Miguel González
• Rodri Míguez (xornalista musical), Marcos López (Viva Lugo), Noelia Mato Varela (socióloga e investigadora da Universidade da Coruña)
• Presentación de caso: Noceda Rock (Lalín, Pontevedra)
• Encontro Lubicán: Kid Mount
• Montse Dopico (profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista), Patricia Hermida (Asociación Galega de Empresas Musicais), Tomi Légido (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Manuel Alonso (xerente da Asociación Músicas ao Vivo) e Ramón Barros (promotor musical)
◦ Relator (en liña): Nando Cruz (xornalista)
• Relator: Javier H. Rodríguez (xornalista de El Salto)
• Modera: Álex Losada
• Convidados: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e Escola de Gaitas de Ortigueira (A Coruña), Entrepontes (Rábade, Lugo), Festival de Jazz de Lugo, tele-clube (Lugo), Facela Fest (Lugo)
Lubicán: Kid Mount + ünder & Diego Flâneur. Praza de Santa María. (En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria)
◦ Relator (en liña): Nando Cruz (xornalista)
• Relator: Javier H. Rodríguez (xornalista de El Salto)
• Modera: Álex Losada
• Convidados: Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e Escola de Gaitas de Ortigueira (A Coruña), Entrepontes (Rábade, Lugo), Festival de Jazz de Lugo, tele-clube (Lugo), Facela Fest (Lugo)
Lubicán: Kid Mount + ünder & Diego Flâneur. Praza de Santa María. (En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria)