Entrada gratuíta mediante convites que se entregarán na Oficina de Cultura no día anterior a cada evento.
Aforo limitado a 86 cadeiras.
NOITE DA DOMUS + LUBICÁN
25 DE XUÑO, 22:30 HORAS
Noite na Domus: Germán Díaz e Celso Rodríguez Cao
2 DE XULLO, 20 HORAS
Best Boy Concerto
9 DE XULLO, 22:30 HORAS
Noite na Domus: Sólo Voces e Celso Rodríguez Cao
16 DE XULLO, 20 HORAS
M.J. Pérez
23 DE XULLO, 22:30 HORAS
Noite na Domus: Germán Díaz e Celso Rodríguez Cao
30 DE XULLO, 20 HORAS
Agoraphobia
Os e as artistas situaranse na terraza da Casa do Saber, e o público asistirá desde o atrio da catedral.
A entrada aos concertos será gratuíta. Os convites —ata un máximo de 2 por persoa— entregaranse por orde de chegada na Oficina de Cultura o día antes de cada actividade, entre as 10 e as 13 horas. No momento da entrega, será preciso indicar o nome completo e o número de DNI das persoas que van asistir, dato que se comprobará o mesmo día da actividade, para poder acceder ao concerto.
Aforo limitado a 86 cadeiras.
MODIFICACIÓNS EN CASO DE CHOIVA:
-Os concertos trasladaranse á Casa do Saber.
-Dividiranse en dúas quendas de 30 minutos:
-Na primeira quenda (ás 19:30 horas) accederán as entradas desde a núm. 1 á 43.
-Na segunda quenda (ás 21 horas) accederán as entradas desde a núm. 44 á 86.