PROXECCIÓN, VOTACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS
Auditorio Gustavo Freire
7 de xullo ás 20:30 horas
Certame audiovisual para o impulso de novos creadores.
Os participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases do certame.
PROXECCIÓN, VOTACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS
Auditorio Gustavo Freire
7 de xullo ás 20:30 horas
Apertura de portas ás 20:00 horas.
Entrada escalonada presentando convite e DNI:
–Da entrada nº 1 á nº 125 porta lateral
–Da entrada nº126 á nº 150 porta principal
Recollida dos convites de 10:30 a 14:00 o luns 6 e o martes 7 na Oficina de Cultura da USC Lugo (4 por persoa e co número de DNI das persoas que van asistir ao acto)
Como formar parte do Findecurta?
É moi fácil. Tan só tes que inscribirte entre o 16 e o 25 de xuño, enviando un correo a cultura.lugo@usc.es ou chamarnos ao 982 821 513 - 649948266 (10:00 a 13:00).
Unha vez feita a inscrición seguir os pasos de FINDECURTA.
Sesión informativa a través da plataforma Zoom o 26 de xuño ás 20:30. Do 26 de xuño ás 21:00 h ao 29 de xuño ás 10:30 h. tempo oficial de realización da curta. Entrega da curtametraxe: antes das 10:30 do 29 de xuño na dirección de correo cultura.lugo@usc.es
Outorgaranse dous premios:
- Un primeiro premio de 500 €, que supón ademais a participación da curtametraxe na 42ª Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.
- Un segundo premio (Premio do Público), que supón a participación da curtametraxe na 42ª Semana de Cine de Lugo, onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.